Nacemento:
Morte:
Tipógrafo e político, 44 anos. Casado con Celia Seoane; tiñan tres fillos. Veciños da rúa Atocha Alta, na Coruña. Empregado do xornal El Ideal Gallego.
En 1932 participou fundación da sociedade Liga de Inquilinos da Coruña.
Presidente da Cooperativa de Casas Baratas Pablo Iglesias na cidade herculina.
Dirixente do PSOE e un dos destacados socialistas coruñeses durante a II República. Membro da Agrupación Socialista (AS) da Coruña, da que foi secretario no ano 1929, 1930 e 1931. Militante da Asociación Tipográfica e, por un tempo, da Unión de Obreiros Municipais, da UXT. Presidente do Centro Cultural Herculino en marzo de 1934. En maio de 1935 elixírono secretario xeral do Comité da Federación Socialista coruñesa.
Fuxido. Paseado.
Joaquín figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Prendérono os franquistas e déronlle o paseo.
Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna.
O seu cadáver, xunto cos de Manuel Andrade Deibe, José-Manuel Álvarez Álvarez e Pedro Galán Calvete, apareceron no túnel do ferrocarril A Coruña-Santiago de Compostela, no distrito coruñés.
Soterrárono o día 16 de setembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José-Manuel Álvarez Álvarez e Pedro Galán Calvete.
No proceso que seguiu a estas mortes non se chegou a determinar aos autores dos crimes e o caso resolveuse con sentenza de sobresemento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.