← Volver atrás

García-Aldave Mancebo, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista? Axustizado

Nacemento:

Alacante
- 10/02/1876 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alacante
- 13/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 60 anos. Ingresou na Academia Xeral Militar de Toledo en 1891 e licenciouse en 1894 como tenente segundo de Infantería. Veterano das guerras de Cuba e de Marrocos. En febreiro de 1932 acadou o grao de xeneral de brigada. En xullo de 1936 era comandante militar de Alacante, dentro da III División Orgánica e ao mando da 6ª Brigada de Infantería.

Golpista?. Axustizado.

Cando se produce o golpe de Estado, destinado en Alacante, non se sublevou contra o Goberno, ordenou o acuartelamento das tropas ao seu mando e mantivo unha posición indecisa, na espera do que decidise o seu superior, o xeneral e comandante en xefe da III División Orgánica Fernando Martínez-Monje Restoy, quen non se uniu á rebelión. Cando o día 20/07/1936 se entrevistou co presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, manifestou que era leal á República pero que nunca se poría enfronte dos seus "hermanos de armas" e que a súa posición era neutral.

Finalmente, pola súa dubidosa posición, prendérono as autoridades republicanas e recluírono no Hotel Samper.

Xulgado en consello de guerra por un tribunal militar polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.

Executárono xunto con outros oito oficiais rebeldes en Alacante.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha