← Volver atrás

García Fernández, Octavio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Vilachá Pedrosa, Santa Mariña de Veiga, Becerreá
(Lugo)
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilachá Pedrosa
(Lugo)
- 29/09/1953 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 54 anos. Casou no ano 1920 con Ana Fernández Poy; tiveron un fillo e unha filla: Serafín e María. Veciños de Vilachá. Fiscal municipal de Becerreá en 1905 e xuíz municipal en 1907.

Militante do Partido Liberal (PL), sendo deputado provincial en 1915. Un dos asinantes do manifesto anticaciquil de maio de 1930. Alcalde de Becerreá na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e durante a II República. Vogal do Comité Provincial de Esquerda Republicana (ER) en Lugo e portelista. Xestor da Deputación Provincial de Lugo polo distrito de Becerreá-A Fonsagrada en decembro de 1935; elixido presidente desta xestora o día 30/12/1935, permanecendo no cargo ata marzo de 1936.

Encarcerado. Sancionado.

Despois do golpe militar arrestárono sen procedemento xudicial o día 01/12/1936 e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo ese mesmo día.

Sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas ao pago dunha multa de 50.000 pesetas, cinco anos de inhabilitación e desterrado a Soria desde o día 11/03/1938.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha