← Volver atrás

García Núñez, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 21/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 30 anos. Casado. Estudou na Escola de Comercio e gañou unha praza de funcionario nas oposicións ao Banco de España en Vigo (Pontevedra).

Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e despois de Esquerda Republicana (ER), sendo secretario xeral en Vigo de ER desde 1934. En 1936 fixo campaña a favor da Fronte Popular (FP). O día 05/07/1936 nomeárono gobernador civil de Lugo.

Executado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar do 18 de xullo atopábase en Vigo. Descartou fuxir e regresou ao seu posto en Lugo, onde o arrestaron inmediatamente e ingresárono no cárcere da cidade o día 24 de xullo con moitas outras persoas das esquerdas.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Lugo os días 13 e 14/10/1936 polo delito de traizón, na causa 330/36, co resultado de sentenza á pena de morte e multa mancomunada de 1.500.000 pesetas segundo resolución do 17/10/1936.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Perfecto Abelairas Castro, Antonio Castedo Rubinos, Ramón García Núñez, Francisco Lamas López, Ángel Pérez López, José Ramos López e Rafael de Vega Barrera. Francisco Lamas e Antonio Castedo libráronse de ser fusilados.

Fusilado na mesma cidade luguesa ás 18:00 h do día 21 de outubro con outras cinco persoas.

Tamén o castigaron, de xeito mancomunado, ao pago dunha multa de 1.500.000 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha