Nacemento:
Morte:
Practicante e político, 29 anos. Casado. Practicante do Hospital Municipal Santa María, en Lugo.
Vogal do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), secretario de actas do Partido Republicano Galego (PRG) e, despois, secretario xeral de Esquerda Republicana (ER) en Lugo. Elixido compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936, cando nomearon a Manuel Azaña Díaz. Secretario persoal do alcalde de Lugo pola Fronte Popular (FP) Francisco Lamas López.
Encarcerado. Executado. Sancionado.
Despois do golpe dos militares sublevados detivérono.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 21/07/1936.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Lugo os días 13 e 14/10/1936 polo delito de traizón, na causa 330/36, co resultado de sentenza á pena de morte e multa mancomunada de 1.500.000 pesetas segundo resolución do 17/10/1936.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Perfecto Abelairas Castro, Antonio Castedo Rubinos, Ramón García Núñez, Francisco Lamas López, Ángel Pérez López, José Ramos López e Rafael de Vega Barrera. Francisco Lamas e Antonio Castedo libráronse de ser fusilados.
Fusilárono os golpistas nas tapias do cemiterio de Lugo, ás 18:00 h, con Rafael de Vega Barrera e outras persoas.
Sancionado cunha multa, de xeito solidario, de 1.500.000 pesetas, polo que lle embargaron os bens.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.