← Volver atrás

García Villar, Marcelino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vilar, Santa María de Soutolongo, Lalín
(Pontevedra)
- 28/09/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Soutolongo
- 08/11/1970 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 31 anos. Veciño de Lalín. Estudou no seminario de Lugo co seu veciño Manuel Ferreiro Panadeiro, abandonando estes estudos no ano 1925; despois estudou Dereito por libre, que rematou no ano 1952. No ano 1932 era oficial do Concello de Lalín e en 1933 recadador do Imposto de Utilidades. No Bienio Negro destituírono como recadador o día 24/09/1934. Sobre o ano 1933 comezou a carreira de Dereito examinándose por libre en Madrid e Murcia.

Coincide na política con Manuel Ferreiro e en 1930 era secretario do Centro Republicano de Lalín. Tamén con Ferreiro participa na constitución, en marzo de 1931, da Federación Republicana Galega (FRG). En novembro de 1935 elixírono presidente da Casa da República na súa vila de residencia. Dirixente de Esquerda Republicana (ER) en Lalín e concelleiro.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o golpe de Estado foxe por temor a unha morte segura. Agochado en Santo Estevo de Barcia, Lalín e, despois, en San Amedio de Millarada, Forcarei, onde chegou a dar escola cunha identidade falsa.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra,no ano 1937, polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O día 20/11/1945 presentouse ás autoridades franquistas en Pontevedra e quedou en liberdade, pero diante do temor a ser detido volveu fuxir.

Presentouse novamente o día 05/10/1948 e por medo a que o condenaran, volveu agocharse.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Pontevedra por participación con fuxidos na causa 81/49.

Remata a licenciatura en Dereito en Salamanca no ano 1952.

Arrestárono forzas da Garda Civil en 1957; xulgárono por tenencia ilícita de armas co resultado de sentenza de absolución.

Cando o puxeron en liberdade regresou á clandestinidade e prendérono por última vez o dia 09/06/1965; pasou dous meses no cárcere e, logo, liberárono.

A fin de contas Marcelino pasou 30 anos fuxido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha