Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 33 anos. Estudou no Seminario de Lugo e, con 20 anos, trasladouse a Madrid para estudar Dereito. Na capital participou na oposición á ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.
No ano 1930 volveu a Lalín e creou, con outros mozos como Marcelino García Villar, o Centro Republicano de Lalín e o xornal Atrás.
Coa proclamación da II República foi o primeiro alcalde de Lalín elixido de xeito democrático. Tamén sería deputado provincial. Despois da vitoria das dereitas nas eleccións de novembro de 1933, ordenáronse varias inspeccións no concello para tratar de destituílo; cesouno o gobernador civil Diego Fernández Gómez o día 08/08/1934.
Presidente de Esquerda Republicana (ER) en Lalín. Reposto como alcalde o día 21/02/1936 pola Fronte Popular (FP). Por mor dun enfrontamento entre os concelleiros republicanos, cesouno o gobernador civil en abril de 1936 e a nova comisión xestora nomeouno secretario do concello.
Fuxido. Executado.
Despois do golpe rebelde tentou poñer, co alcalde Jesús Golmar Rodríguez, ao comandante do posto da Garda Civil, Julio López, a favor da legalidade republicana. O sarxento recibe ordes de non entregarlles as armas e o día 20 de xullo ás 22:00 h declarou o estado de guerra.
Manuel Ferreiro foxe e agóchase en Santiago de Compostela (A Coruña); localizárono os sublevados e detivérono a primeiros de agosto de 1936.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 21/08/1936 polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilado ás 05:30 h na estrada de Campañó, en Pontevedra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.