Nacemento:
Morte:
Mestre, escritor, xornalista e político, 27 anos. Solteiro. Veciño de Santiago de Méixome, Lalín. Estudou bacharelato en Lugo e Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña). Mestre nacional de Santa María de Silvela, Friol (Lugo) de 1931 a 1933; de San Bartolomeu de Corvelle, Vilalba (Lugo) no curso 1933/34 e de Méixome de 1934 a 1936.
Ingresou no Partido Galeguista (PG) no ano 1934 e, en 1935, era o presidente deste partido en Lalín. Alcalde de Lalín no ano 1936 polo PG, dentro da coalición da Fronte Popular (FP); foi o último alcalde republicano da vila, nomeado o día 11/04/1936.
Colaborador de varios xornais, publicacións e revistas: El Ideal Gallego, La Provincia, Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Pueblo Gallego, Atrás, Vida Escolar, Faro Villalbés, Razón, A Nosa Terra e Escuela Vivida.
Depurado. Encarcerado. Sancionado.
Despois do golpe rebelde tentou poñer, con Manuel Ferreiro Panadeiro, ao comandante do posto da Garda Civil a favor da legalidade republicana. O sarxento recibe ordes de non entregarlles as armas e o día 20 de xullo declara o estado de guerra.
A Jesús destituírono da alcaldía o día 24/07/1936, depurárono como mestre nacional e detivérono.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar o día 18/11/1936, na causa 569/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e accesoria de inhabilitación absoluta.
Neste proceso xulgaron e condenaron a cadea perpetua a: José Crespo Torres, funcionario; Jesús Golmar Rodríguez, mestre e xornalista, e Miguel Lamas Iglesias, xornaleiro.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 05/02/1937.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra, puxérono en liberdade provisoria o día 02/09/1940, inhabilitárono para o exercicio do maxisterio, volveu a Santiso e casou.
Morreu sen ser rehabilitado como mestre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.