← Volver atrás

Lamas Iglesias, Miguel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

San Lourenzo de Vilatuxe, Lalín
(Pontevedra)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Baia de Donsión, Lalín

Biografía

Xornaleiro, 34 anos. Casado. Veciño de Donsión.

Militante da UXT e dirixente da Sociedade Obreira La Fraternidad de Donsión.

Encarcerado. Sancionado.

Ingresárono os franquistas na cadea de Lalín o día 22/08/1936 e o día 08/09/1936 trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, o día 18/11/1936, co resultado de sentenza a cadea perpetua e accesorias de interdición e de inhabilitación absoluta.

Neste proceso xulgaron e condenaron a cadea perpetua a: José Crespo Torres, funcionario; Jesús Golmar Rodríguez, mestre e xornalista, e Miguel Lamas Iglesias, xornaleiro.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 05/02/1937.

Enviado á Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria) o 01/05/1939.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de catro anos de prisión menor e excarcerado en agosto de 1940.

Prendérono de novo no ano 1948 e acusárono de axudar á guerrilla antifranquista.

Xulgado na Coruña nun consello de guerra o día 22/03/1949 polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 296/48, co resultado de sentenza a un ano e seis meses de cadea. Nesta causa había outros 45 procesados.

O tribunal militar, neste caso, condenou a cadea perpetua a Julio Bazarra Constenla e a un ano de cadea a Francisco-Manuel Blanco Barreira.

Para ver ás persoas encausadas neste procemento dirixirse á ficha de Jaime Agra Blanco.

Liberárono o día 14/04/1951 e morreu pouco despois

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha