← Volver atrás

Gayoso Frías, Alfonso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Barbadás
(Ourense)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1970 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritor, empresario e político, 31 anos. Estivo na emigración e exerceu de profesor de inglés nos Estados Unidos. Coa implantación da II República volveu a España en 1931.

Nese ano 1931 organizou o sindicato da Federación de Traballadores da Terra da UXT, con Benigno Álvarez González e Santiago Álvarez Gómez. A comezos do 1936 fundou a Federación Campesiña Provincial de Ourense, do PCE. Secretario agrario do Comité Executivo Provincial do PCE en Ourense.

Exiliado.

Despois de producirse o golpe de Estado puido evadirse á zona republicana e incorporouse ao 4º Batallón da 1ª Brigada Mixta, 11ª División do IV Corpo de Exército do Exército do Centro.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1945.

Despois dun éxodo por Marrocos, Estados Unidos, Cuba e Venezuela, instalouse en Bos Aires, onde foi membro do Consello de Galicia e propietario da axencia de viaxes Agencia Frías.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha