Nacemento:
Morte:
Labrego, escritor, xornalista e político, 23 anos. De familia campesiña, realizou apenas os estudos primarios.
Comunista español, fundador da Federación Galega do PCE, o Partido Comunista de Galicia (PCG). Aos 14 anos comenzou a súa concienciación política.
Na II República afiliouse ao PCE aos 18 anos, en 1931; organizou un célula comunista na comarca de Valdeorras.
Detido en 1934 polo seu apoio á folga xeral revolucionaria de outubro.
Tras das eleccións de febreiro de 1936, nas que gañou a Fronte Popular (FP), entrou como concelleiro en Vilamartín de Valdeorras.
Exiliado. Encarcerado.
Cando comezou a guerra civil vivía en Madrid e organizou, xunto con Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, o 4º Batallón das Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro. Comisario político, entre outras, na 9ª División do Exército Popular da República, que mandaba Enrique Liste Forján, Enrique Líster.
Participou nas batallas de Madrid, Jarama, Guadalaxara, Brunete, Sur del Tajo, Cerro Garabitas (Casa de Campo, Madrid). Despois de enfrontamentos con Indalecio Prieto Tuero, pasou por certas destitucións e rematou como comisario político do V Corpo de Exército na primavera de 1938, co que participou na Batalla do Ebro.
Ao rematar a contenda exiliouse (Francia, República Dominicana en outubro de 1939, México, Cuba).
Cando se produce a liberación de Francia dos nazis, en decembro de 1944 crease o Bloque Republicano Nacional Galego (BRNG) con republicanos, socialistas, comunistas e sindicatos, que mantén lazos coa Unión Nacional Española (UNE) e que preside o independente Manuel Portela Valladares e no que figuran Santiago Casares Quiroga e Manuel Martínez-Risco Macías, de Esquerda Republicana (ER); César Alvajar Diéguez, de Unión Republicana (UR); Enrique Liste Forján, polo PCE; Luis Vidal, pola UXT e Luis Vázquez Rodríguez, polo PSOE. O Partido Galeguista (PG) non tiña representantes pola súa pouca forza no exilio.
Volveu a España no ano 1944, clandestinamente, xunto con Sebastián Zapirain Aguinaga. Prendéronos aos dous a finais de agosto de 1945. Torturado na Dirección Xeral de Seguridade (DGS) en Madrid durante tres días coas súas noites.
Xulgado nun consello de guerra en Madrid co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena conmutada pola de 18 anos de prisión.
En 1954 indultárono e expulsárono a Cuba, da que tiña a nacionalidade. Pasou a Francia e logrou entrar en España e en Galicia.
En 1968 nomeárono secretario xeral do PCG, do que fora un dos creadores.
Deu nome ao Destacamento Santiago Álvarez do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.