Nacemento:
Morte:
Propietario e político, 40 anos. Casado con Carmen Lera Figueras. Veciños de Redondela.
No ano 1924 foi vicepresidente do Redondela FC. Presidente da Asociación da Beneficencia en 1932 e do Casino en 1934.
Concelleiro da súa localidade de residencia en varias ocasións. Militante do Partido Galeguista (PG), representou este partido no Comité Local da Fronte Popular (FP) de Redondela en 1936.
Encarcerado. Sancionado.
Despois do golpe de Estado formouse un comité de folga en Redondela que lideraban José Pereiro, médico, e Jesús-José-Olimpio Giráldez Fernández; asesorábaos Luis-Telmo Bernárdez Santomé.
A Giráldez detivérono os franquistas en setembro de 1936.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra), o día 16/12/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Preso nas cadeas de Vigo, da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 22/02/1937.
Enviado á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o día 20/06/1939.
Condenado ao pago dunha forte indemnización, que lle supuxo o embargo de todos os seus bens.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.