← Volver atrás

Giz Castro, Gloria

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Ortigueira
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Moza do músico e ferreiro Amandino Neira Fernández. Outras fontes indican que era a moza de José Neira Fernández.

Encarcerada.

Cando se produce o alzamento golpista o seu mozo foxe ao monte, únese á guerrilla do Grupo Neira e acaba morrendo nun enfrontamento coa Garda Civil no ano 1939.

Despois do pasamento do seu mozo trasladouse a Ferrol (A Coruña).

Xulgada no Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de atraco a man armada na causa 380/39.

A Gloria prendérono as forzas represoras, maltratárona para que delatara o paradoiro dos membro do Grupo Neira e encarcerárona en Ferrol

Interna na Prisión Habilitada de Mulleres de Betanzos (A Coruña), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 263 do día 20/09/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha