← Volver atrás

Godoy Calvelo, Atilano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado. Morte na cadea

Nacemento:

San Pedro de Tenorio, Cotobade
(Pontevedra)
- 01/04/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Juslapeña
(Navarra)
- 25/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, 21 anos. Solteiro. Veciño de Marín (Pontevedra).

Membro da Sociedade de Oficios Varios de Marín.

Encarcerado. Sancionado. Morte na cadea.

No momento do levantamento militar participou por orde do alcalde na procura de armas para defender a legalidade da República (segundo o seu procesamento foi un dos líderes das requisas).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 19/12/1936 polo delito de adhesión á rebelión e resistencia ao golpe militar, na causa 1286/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua coas accesorias de interdición e inhabilitación absoluta.

No mesmo proceso ditouse auto de sobresemento provisorio para a súa veciña Dolores Santiago Troitiño.

Ademais sancionárono coa accesoria de inhabilitación absoluta a perpetuidade.

Neste proceso xulgaron e condenaron a: Ignacio Caeiro Casal, 12 anos e un día; Atilano Godoy Calvelo, cadea perpetua; Adelina Otero Martínez; 12 anos e un día; Ramona Otero Martínez, 12 anos e un día; Ricardo Soto González, 15 anos, e Asunción Vilas López, 12 anos e un día.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal de San Cristóbal, onde ingresa o 16/05/1937.

Morte rexistrada en Juslapeña por fusilamento, despois de escapar na fuga masiva do penal de San Cristóbal. Semella que o fusilaron en Navaz.

Outras fontes sinalan ue o seu pasamento produciuse en Enteribar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha