← Volver atrás

Vilas López, Asunción

Alcume: a Vidala
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Santo André de Lourizán, Pontevedra
(Pontevedra)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lourizán
- 01/01/1989 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreira, 23 anos. Tivo unha filla de solteira no ano 1953: Carmen. Veciña de Lourizán. Eran seis irmáns que axiña quedaron orfos de pai, que era carabineiro. Operaria na lonxa de Marín (Pontevedra).

Encarcerada.

Semella que participou nas barricadas fronte aos militares sediciosos.

Xulgada en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión. Tamén a raparon.

Neste proceso condenaron a: Ignacio Caeiro Casal, 12 anos e un día; Atilano Godoy Calvelo, cadea perpetua; Adelina Otero Martínez; 12 anos e un día; Ramona Otero Martínez, 12 anos e un día; Ricardo Soto González, 15 anos, e Asunción Vilas López, 12 anos e un día.

Interna na Prisión Provincial de Pontevedra e na Prisión Central de Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa).

Grazas as intervencións dun irmán, garda civil, e doutro, comandante do exército franquista, a súa pena conmutáronlla na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de dous anos de prisión menor o día 30/08/1943.

Volveu a traballar na lonxa de Marín e, tempo despois, tivo á súa filla.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha