← Volver atrás

González Álvarez, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Depurado. Paseado

Nacemento:

Santa María de Cexo, Verea
(Ourense)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Poza das Ras, San Pedro de Ourille, Verea
- 29/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 25 anos. Acadou o título de mestre no ano 1929. Mestre nacional de Santa María de Pitelos, Verea, en 1930, e de Santo André de Gontán, Verea, en 1935.

Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO).

Militante do PCE e concelleiro de Verea pola Fronte Popular (FP) en 1936.

Fuxido. Depurado. Paseado.

Cando se produce o golpe de Estado foxe a Portugal. Capturárono no país veciño.

Destituírono da súa praza de mestre o día 12/08/1936, o mesmo día que o prenderon.

Morte rexistrada na Poza das Ras a causa de hemorraxia interna por traumatismo.

Os fascistas pasearon ese día a: Julio González Álvarez, Amadeo López Bello, Eloy Romero Luis e Silvio Torres Díaz; os cadáveres apareceron na Poza das Ras, en Ourille.

Como resultado do expediente de depuración separárono de xeito definitivo do servizo e dérono de baixa na escala en abril de 1940.

Incoáronlle un expediente de responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha