← Volver atrás

Torres Díaz, Silvio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Poza das Ras, San Pedro de Ourille, Verea
(Ourense)
- 29/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer e político, 23 anos. Veciño do barrio do Couto, Ourense (Ourense). Irmán de Salud Torres Díaz, paseada.

Militante do PCE.

Detido coa súa irmá Salud durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, acusado de repartir panfletos incitando aos soldados á rebelión, polo que o someteron a consello de guerra. Volveron prendelo a primeiros de novembro, como medida preventiva, diante dos rumores doutra folga.

Paseado.

Prendérono os franquistas despois do alzamento militar.

Morte rexistrada na Poza das Ras por mor duna hemorraxia interna e traumatismo.

Os fascistas pasearon ese día a: Julio González Álvarez, Amadeo López Bello, Eloy Romero Luis e Silvio Torres Díaz; os cadáveres apareceron na Poza das Ras, en Ourille.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha