← Volver atrás

González Cobelo, Herminio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ponteareas
(Pontevedra)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pinal do Foxo, Santa Mariña de Xinzo, Ponteareas
- 31/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 41 anos. Casado en abril de 1922 con Concepción Trigo Méndez. Veciños de Ponteareas. Desde 1928 rexentou o comercio Casa Agraria.

Militante do PSOE. Concelleiro de Ponteareas en 1924 durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Na II República elixírono concelleiro en 1931.

Detido por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e liberado a primeiros de 1935.

Coa vitoria da Fronte Popular (FP) restituírono como concelleiro e nomeárono 1º síndico.

Foi o último presidente da Casa do Pobo de Ponteareas.

Paseado.

Despois do golpe dos militares rebeldes agochouse nunha propiedade da súa familia en San Salvador de Cristiñade, Ponteareas, pero ao decatarse do perigo das patrullas paramilitares, foxe ao monte. Os falanxistas torturaron ao seu irmán e encarceraron á súa dona para tratar de prendelo.

Pasou a Portugal, onde o prenderon e entregárono ás patrullas falanxistas de Ponteareas, que o torturaron en Tui (Pontevedra) e logo asasinárono.

Morte rexistrada ás 07:00 h a causa de traumatismos por disparos de arma de fogo.

O seu cadáver apareceu no Pinal do Foxo.

Soterrárono nunha fosa común en Santa María de Xinzo.

Á súa familia embargáronlles os bens.

No ano 1941 incoáronlle un expediente no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1959.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha