Nacemento:
Morte:
Propietario agrícola e político, 49 anos. Casou en 1928 con Nieves Souto Alfaya, encarcerada. Veciños de Santa María de Areas, Ponteareas. Era o maior de dez irmáns. No ano 1925 visitou Brasil. Bo cazador.
Militante e fundador do PSOE en Ponteareas. Galeguista.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Durante o golpe dos rebeldes trasladouse o día 20 de xullo e participou na defensa de Santa Cristina de Lavadores, en Vigo. Titulábase a el mesmo “xeneral do pobo”. Despois de ser bombardeados por hidroavións da base de Marín, o día 22 de xullo decaeu a resistencia.
Como consecuencia disto tivo que fuxir ao monte a finais de xullo e moveuse polas bisbarras de Salvaterra de Miño, A Cañiza e Ponteareas, onde dirixiu un grupo de fuxidos polos montes do sur de Pontevedra e que, segundo testemuñas, puido achegarse a máis de 220 homes.
Neste grupo estiveron, entre outras persoas: Constante Caride Albizu e Pablo Piñeiro Vázquez.
Perseguido pola Garda Cívica pontevedresa, que dirixía o deputado de Renovación Española (RE) Víctor Lis Quibén. O día de Nadal de 1936 un grupo de falanxistas e gardas civís matárono nun enfrontamento armado no monte Galleiro; entre os asasinos estaba o veciño de San Mamede de Petelos, Mos (Pontevedra), Fructuoso Costas Giráldez, que sería axustizado pola guerrilla en 1943.
O seu corpo permaneceu no monte ata o día 6 de xaneiro seguinte.
Pola súa morte ábrese no Tribunal Militar Territorial de Pontevedra a causa 84/37.
Outras fontes sinalan que o axustizaron os seus propios compañeiros.
Deixou escritas as súas memorias, que traballadas por Víctor Fernández Freixanes, logo presidente da Real Academia Galega (RAG), viron a luz por primeira vez no ano 1980.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.