Nacemento:
Morte:
Mineiro, sindicalista e político, 48 anos. Desenvolveuse como mineiro e logo pasouse á política.
Secretario xeral da Federación Nacional de Mineiros e membro da UXT. Na II República elixírono deputado polo PSOE na circunscrición de Huelva, onde era gobernador civil. Volveu ao Principado de Asturias, acadando a alcaldía de Mieres e a presidencia da Deputación Provincial de Oviedo.
Máximo dirixente da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 no Principado de Asturias, condenárono á pena de morte, conmutada pola de cadea perpetua. Puxérono en liberdade despois do triunfo da Fronte Popular (FP) e novamente elixido deputado nacional.
Exiliado.
Durante a guerra civil acadou a presidencia do PSOE e da UXT. Ministro de Xustiza no segundo Goberno de Juan Negrín López. Tivo como escolta ao ourensán Benito García Covelo, tamén exiliado en México.
Ao remate do conflito nacional pasou a Francia e foi vogal do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE). No mes de xuño de 1940 exiliouse en México, a onde chegou no vapor Cuba.
Volveu a Francia no ano 1946 para traballar na reconstrución das organizacións socialistas españolas. No ano 1950 regresou de xeito definitivo a México.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.