← Volver atrás

Gordón Ordás, Félix

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

León
- 11/06/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 22/01/1973 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Veterinario e político, 51 anos. Estudou Veterinaria en León, licenciándose no ano 1905.

Durante a II República consegue que se cree a Dirección Xeral de Gandería.

Deputado nos anos 1931 e 1933 polo Partido Republicano Radical Socialista (PRRS). Presidente da Alianza de Labregos Españois en 1933. Ministro de Industria e Comercio no último Goberno do Bienio Progresista, que presidía Diego Martínez Barrio (outubro/decembro de 1933). Logo obtivo acta de deputado por Unión Republicana (UR) no ano 1936, formando na coalición da Fronte Popular (FP).

Exiliado.

No ano 1936 os republicanos destinárono como embaixador en México, onde contou coa colaboración de Salvador Etcheverría Brañas. Logo sería embaixador tamén en Panamá, Cuba e Guatemala. Exiliouse en México ao remate da guerra civil.

En xaneiro de 1956 Salvador Etcheverría Brañas trasládase a París para ser ministro de Información, Propaganda e Arquivos no Goberno republicano no exilio e que preside o seu amigo desde a creación de UR, Félix Gordón Ordás.

Presidente do Goberno da República no exilio de 1951 a 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha