Nacemento:
Morte:
Carpinteiro e político, 44 anos. Casado con Ángeles Dapena Mouriño en 1927. Veciño de Pontevedra. Traballou na Moblería Arturo Martínez de Pontevedra.
Militante da Agrupación Socialista (AS) de Pontevedra desde o día 23/05/1931, sendo vicepresidente en xaneiro de 1932. Participou como candidato nas eleccións de 1933 e non obtivo acta. Obtivo acta de deputado polos socialistas nas eleccións xerais de 1936 dentro da coalición da Fronte Popular (FP).
Membro do Comité Revolucionario de Pontevedra na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Encarcerado.
Cando comezou a Guerra Civil Española capturárono as forzas franquistas no Goberno Civil de Pontevedra.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de traizón, na causa 356/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 13/08/1936. Enxuizado con Alejandro Bóveda Iglesias, tamén condenado a morte e executado o día 17/08/1936.
Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua e a accesoria de inhabilitación absoluta.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Estivo tamén en Alcalá de Henares (Madrid) e na Prisión Provincial de Pontevedra.
Puxérono en liberdade en maio de 1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.