← Volver atrás

Gurriarán Gurriarán, Gonzalo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 25/04/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Igualada
(Barcelona)
- 16/06/1975 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e profesor universitario, 32 anos. Veciño de Madrid. Estudou Medicina na Universidade de Salamanca e na Universidade Central de Madrid, na que se licenciou no ano 1926. Amigo de Federico García Lorca e de Juan Negrín López. Fixo estadías de investigación en varias universidades europeas. Axudante técnico cirúrxico da cátedra de Farmacoloxía en Madrid.

No ano 1936 designárono xefe provincial de Sanidade en Madrid.

Depurado.

Cando se produce o golpe de Estado atopábase de vacacións no Barco de Valdeorras, agochouse un tempo e, en febreiro de 1937, comezou a servir como médico de paisano na fronte de Madrid no exército sublevado.

Ao remate da guerra civil, sen terlle en conta os servizos prestados, ábreselle un expediente de depuración co resultado de ser inhabilitado, polo que ten que deixar a docencia e a investigación.

Atendeu como médico a varios membros da guerrilla antifranquista e subministroulles medicamentos.

No ano 1948 volve á sanidade pública en Sobradelo de Valdeorras.

Abriu unha clínica privada no Barco de Valdeorras.

Gran afeccionado ao alpinismo e o contacto coa natureza, desenvolveu entidades asociativas neste eido.

Finou nun accidente de tráfico en Igualada.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha