Nacemento:
Morte:
Axente comercial, 41 anos. Veciño de Torrelavega. Mariñeiro mobilizado, radiotelegrafista do vapor republicano Genoveva Fierro.
Executado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilado en Ferrol.
O barco mercante Genoveva Fierro facía a travesía de Santander (Cantabria) a Valencia con 200 pasaxeiros; tamén transportaba munición para o exército republicano. A este mercante abordouno o destrutor franquista Velasco o día 03/09/1936 e conduciuno ao porto de Ferrol.
Aos pasaxeiros deste mercante Jaime Bosch, Bautista Folch, Hipólito-Jesús Froufe Espinazo e Esteban Mayorga xulgáronos en Ferrol, condenáronos á pena de morte, executáronos o día 12/09/1936 e soterráronos no cemiterio de Canido, en Ferrol.
Tamén xulgaron en consello de guerra en Ferrol a varios membros da tripulación polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza tamén á pena de morte e executados no Arsenal de Ferrol.
O día 5 de febreiro fusilaron a: Enrique Callealta Gutiérrez, 34 anos, mariñeiro, Nemesio Fernández Garaño, 52 anos, mordomo e Eloy Gutiérrez Noriega, 41 anos, radiotelegrafista.
Neste procedemento absolveron e puxeron en liberdade a: José-Antonio Méndez Santamarina, 33 anos, mariñeiro e Julián Zulueta Iturregui, 1º oficial.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.