← Volver atrás

Callealta Gutiérrez, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Puerto de Santa María
(Cádiz)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 05/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 33 anos. Casado con Josefina Shelly Soler. Veciños de Barcelona. Mariño da Mercante. Tripulante do vapor republicano Genoveva Fierro.

Executado.

O barco mercante Genoveva Fierro facía a travesía de Santander (Cantabria) a Valencia con 200 pasaxeiros; tamén transportaba munición para as forzas republicanas. Ao mercante abordouno o destrutor franquista Velasco o día 03/09/1936 e conduciuno ao porto de Ferrol.

Aos pasaxeiros deste mercante Jaime Bosch, Bautista Folch, Hipólito-Jesús Froufe Espinazo e Esteban Mayorga xulgáronos en Ferrol, condenáronos á pena de morte, executáronos o día 12/09/1936 no Arsenal ferrolán e soterráronos no cemiterio de Canido, en Ferrol.

Tamén xulgaron en Ferrol a varios membros da tripulación polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte e fusilados no Arsenal de Ferrol.

O día 5 de febreiro executaron a: Enrique Callealta Gutiérrez, mariñeiro, Nemesio Fernández Garaño, mordomo e Eloy Gutiérrez Noriega, radiotelegrafista.

Neste procedemento absolveron e puxeron en liberdade a: José-Antonio Méndez Santamarina, mariñeiro e Julián Zulueta Iturregui, 1º oficial.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha