Nacemento:
Morte:
Executado.
Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista.
O barco mercante Genoveva Fierro facía a travesía de Santander (Cantabria) a Valencia con 200 pasaxeiros; tamén transportaba munición para o exército republicano. Ao mercante abordouno o destrutor franquista Velasco o día 03/09/1936 e conducírono ao porto de Ferrol.
Aos pasaxeiros deste mercante: Jaime Bosch, Bautista Folch, Hipólito-Jesús Froufe Espinazo e Esteban Mayorga enxuizáronos en Ferrol, condenáronos á pena de morte, executáronos o día 12/09/1936 e soterráronos no cemiterio de Canido, en Ferrol.
Tamén xulgaron en Ferrol outros membros da tripulación polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte e executados no Arsenal de Ferrol. O día 5 de febreiro executaron no Arsenal a: Enrique Callealta Gutiérrez, 34 anos, mariñeiro, Nemesio Fernández Garaño, 52 anos, mordomo, e Eloy Gutiérrez Noriega, 41 anos, radiotelegrafista.
Neste procedemento absolveron e puxeron en liberdade a: José-Antonio Méndez Santamarina, 33 anos, mariñeiro, e Julián Zulueta Iturregui, 1º oficial.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.