← Volver atrás

Iglesias Pérez, Amando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Marín
(Pontevedra)
- 08/12/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 31/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 33 anos. Casado; tiñan varios fillos, unha delas Rosa. Veciños de San Xosé de Cantodarea, Marín.

Militante da CNT e presidente do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Marín en 1936

Executado.

Os fascistas acusárono de tocar as bocinas do seu barco para chamar á folga fronte ao levantamento militar. Tal grave delito custoulle a vida.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dun colapso cardíaco.

O día 31/12/1936 fusilaron en Pontevedra a: Albino Agraso Santamaría, zapateiro; Antonio Blanco Solla, canteiro; Amando Iglesias Pérez, mariñeiro; Demetrio Lorenzo Ordóñez, xornaleiro; Santiago Ramos Ramos, canteiro, e Bernardino de la Torre Fernández, albanel.

Os seus compañeiros da pesca procuráronlle peixe á súa familia despois do asasinato de Amando.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha