Nacemento:
Morte:
Canteiro e político, 38 anos. Casado. Veciños de Marín. Mestre construtor de obras.
Militante do PSOE. Alcalde de Marín de maio de 1931 a outubro de 1934. Pertencía á Sociedade de Canteiros de Marín, vencellada á UXT. Candidato a Cortes nas eleccións de 1933 polo PSOE, non acadou acta de deputado. Alcalde tamén nas eleccións de febreiro de 1936 e compromisario para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz, en abril de 1936.
Executado.
Cando se produce o golpe de Estado formou parte do Comité de Defensa da República en Marín; ordenaron a requisa de armas o día 19 de xullo. No comité estaban: Antonio Blanco Solla, Santiago Ramos Ramos, Andrés Santos Rodríguez, Bernardino de la Torre Fernández, Rafael Jaén Rodríguez e Francisco Crespo, entre outras persoas.
A Antonio Blanco detivérono os sublevados o día 20/07/1936.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra polo delito de rebelión militar o día 18/12/1936, na causa 558/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron para asasinalo.
O día 31/12/1936 fusilaron no Monte Porreiro en Pontevedra a: Albino Agraso Santamaría, zapateiro; Antonio Blanco Solla, canteiro; Amando Iglesias Pérez, mariñeiro; Demetrio Lorenzo Ordóñez, xornaleiro; Santiago Ramos Ramos, canteiro, e Bernardino de la Torre Fernández, albanel.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.