Nacemento:
Morte:
Axente comercial, 40 anos. O día 20/04/1929 casou en Bos Aires (República Arxentina) con Inmaculada-Concepción Lamas Barreiro, Chita. Irmán de Jaime Isla Couto, encarcerado. No ano 1911 emigrou a Bos Aires (República Arxentina) e retornou a Galicia no ano 1919; volveu marchar no ano 1923, regresando en 1931 coa súa dona.
Galeguista e membro das Irmandades da Fala.
No ano 1931 participou na creación do Partido Galeguista (PG) e foi membro do seu Consello Nacional.
Encarcerado. Exiliado.
Cando se produce o golpe dos militares rebeldes a súa dona achábase en Bos Aires e a el encarcerárono en Verín (Ourense) e, despois, en Vigo.
Puido pasar a Porto (Portugal) onde, con outras persoas, mantivo unha rede de evasión de republicanos galegos de mediados de 1937 a finais de 1938. Chita reuniuse con Ramiro en Porto en febreiro de 1938; en setembro dese ano pasaron a Francia e despois a Barcelona.
En febreiro de 1939 están exiliados en París (Francia).
Co apoio do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) marchan a Veracruz (México) no Ipanema, onde chegan o día 19/10/1939. Ramiro no ano 1944 está en Bogotá (Colombia) e ela queda en Lima (Perú).
No ano 1950 divórcianse de xeito amigable.
Exiliouse en Francia, Cuba, México, Venezuela, Colombia e, de novo, en Venezuela.
Volveu a Galicia no ano 1956.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.