← Volver atrás

Lamas Barreiro, Inmaculada-Concepción

Alcume: Chita
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Miraflores, Lima
(Perú)
- 22/12/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Poeta, 27 anos. O día 20/04/1929 casou co empresario Ramiro Isla Couto. Cuñada de Jaime Isla Couto, encarcerado. Filla de emigrantes galegos en Bos Aires. Na súa casa familiar acolleron a Ramiro Isla, que logo sería o seu home. No ano 1931 regresaron a Galicia.

No ano 1933 Chita ingresou no Partido Galeguista (PG) e colaborou co Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Exiliada.

Cando se produce o golpe dos militares achábase en Bos Aires. Ao seu home encarcerárono en Verín (Ourense) e despois en Vigo (Pontevedra); pasou a Porto (Portugal) onde, con outras persoas, mantivo unha rede de evasión de republicanos galegos, desde mediados de 1937 a finais de 1938.

Chita reuniuse co seu home en Porto en febreiro de 1938; en setembro dese ano pasaron a Francia e despois a Barcelona. En febreiro de 1939 están exiliados en París (Francia).

Co apoio do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) marchan a Veracruz (México), onde chegan o día 19/10/1939. Ramiro no ano 1944 está en Bogotá (Colombia) e ela queda en Lima (Perú).

No ano 1950 divórcianse de xeito amigable.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha