← Volver atrás

Jamardo Grela, José-Manuel

Alcume: Peteiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 12/12/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontecesures
(Pontevedra)
- 08/08/1956 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ceramista, 24 anos. Veciño de Pontecesures. Fillo de emigrantes galegos na República Arxentina. Traballou como decorador en Cerámica Celta. No ano 1932 recibe unha beca da Deputación de Pontevedra para estudar en Madrid. En 1934 traballaba na empresa cerámica A Caeira, en Pontevedra e en 1936 estableceu o seu propio taller en Pontecesures.

Encarcerado.

Prendérono os franquistas despois do movemento sedicioso.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Pena conmutada pola de catro anos de prisión menor e liquidada en novembro de 1940.

Tolleito das pernas polo tempo que pasou na cadea, deixou a actividade artística e abriu un quiosco de xornais na súa vila. Correspondente administrativo de Faro de Vigo e La Noche.

Guitarrista afeccionado, tocou co seu irmán Francisco e outros na orquestra Novedades.

Xulgado en consello de guerra na Coruña nun consello de guerra en marzo de 1949 polo delito de “auxilio a malhechores” na causa 296/48. Nesta causa había outros 45 procesados.

O tribunal militar, neste caso, condenou a cadea perpetua a Julio Bazarra Constenla e a un ano de cadea a Francisco-Manuel Blanco Barreira.

Para ver ás persoas encausadas neste procemento dirixirse á ficha de Jaime Agra Blanco.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941, no ano 1960 e no ano 1962.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha