Nacemento:
Morte:
Carniceira, 46 anos. Casou en 1912 co carniceiro José-María Louzán Martínez; tiveron dez fillos, dos que sobreviviron cinco: Carmen, José, Aurora, Pilar e María. Veciños de Santiago do Burgo, Culleredo (A Coruña). Tiveron carnicería na Coruña e no Burgo.
O seu home era militante de Esquerda Republicana (ER), presidente da Agrupación Local do Burgo en decembro de 1935 e elixírono alcalde de Culleredo en marzo de 1936, despois do triunfo da Fronte Popular (FP).
Exiliada.
José-María estivo agochado na casa do cura do Burgo Manuel Cobas Carballal. Cobas e Louzán tiñan boa relación desde que en tempos republicanos o alcalde evitara que o cura fora agredido por un grupo de exaltados.
O marido exiliouse na República Arxentina a primeiros do ano 1937 e o seu fillo José ao ano seguinte; a viaxe preparouna con todas as reservas e sen coñecemento dos seus fillos.
O párroco Cobas evitou que os falanxistas agrediran ao resto da familia que aínda permanecía no Burgo.
Carmen e as catro fillas tamén embarcarían cara a República en Lisboa (Portugal), o día 12/07/1939, no vapor Aurigni.
Alén do mar adicáronse á carnicería e o matrimonio xa nunca volvería a España.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.