← Volver atrás

Louzán Martínez, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado. Exiliado

Nacemento:

San Xorxe de Iñas, Oleiros
(A Coruña)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1989 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carniceiro, 44 anos. Casou en 1912 con Carmen Jaspe Dans (+1962); tiveron dez fillos, dos que sobreviviron cinco: Carmen, José, Aurora, Pilar e María. Veciños de Santiago do Burgo, Culleredo (A Coruña). Estivo emigrado en Estados Unidos. Tiveron carnicería na Coruña e no Burgo.

Militante de Esquerda Republicana (ER) e presidente da Agrupación Local do Burgo en decembro de 1935. Elixido alcalde de Culleredo en marzo de 1936, despois do triunfo da Fronte Popular (FP); desenvolvía este cargo cando se produce o golpe militar.

Tiña como compañeiros da Corporación de Culleredo en 1936, entre outras persoas, a: Manuel Fariña Campelo, sancionado; Isolino Patiño Calviño, sancionado; Eladio Freire García, exiliado; José García Ramallo, sancionado.

Procesado. Exiliado.

Estivo agochado na casa do cura do Burgo Manuel Cobas Carballal. Cobas e Louzán tiñan boa relación desde que en tempos republicanos o alcalde evitara que o cura fora agredido por un grupo de exaltados.

Exiliouse na República Arxentina a primeiros do ano 1937 e o seu fillo José en 1938; José-María preparou a viaxe con todas as reservas e sen coñecemento dos seus fillos.

O párroco Cobas evitou que os falanxistas agrediran ao resto da familia que permanecía no Burgo.

A muller e as catro fillas tamén embarcarían cara a República en Lisboa (Portugal), o día 12/07/1939, no vapor Aurigni.

Adicáronse á carnicería e o matrimonio xa nunca volvería a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha