Nacemento:
Morte:
Garda de asalto, 26 anos. Casado con Felicitas Santacecilia; tiñan unha filla e un fillo: Francisco. Veciños de Vigo. Cabo da Garda de Seguridade e Asalto destinado de xeito eventual no Principado de Asturias, pero a súa familia residía en Vigo. Dous dos seus irmáns varóns finaron na fronte de Teruel loitando nas filas das tropas sublevadas.
Executado.
Cando se produce o alzamento recibe ordes dos seus superiores de encargarse das labores de intendencia duns 4000 mineiros asturianos que acudirían no apoio do Goberno legal en Madrid. Despois de pasar as columnas por León, déronlles a orde de dar a volta en Benavente (Zamora) pois a rebelión xa se multiplicara; como León xa caera, pasaron por Ponferrada onde habería enfrontamentos co exército rebelde. Francisco non estivo en tales combates e, con un compañeiro, preséntase no cuartel da Garda Civil de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) sen armas.
Recuperaron o servizo de armas en Ourense e en novembro volveron a Oviedo (Principado de Asturias). Aos catro días xa o delataron por ler xornais das esquerdas, de terse alegrado da morte de José Calvo Sotelo e doutras bolas que o converteron en vítima propiciatoria da represión.
Xulgado en consello de guerra en Oviedo polo delito de traizón coa “agravante de perversidade”, na causa 178/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Trasladárono á Prisión Provincial da Coruña o 13/03/1937.
Fusilárono os franquistas ás 06:00 h na Coruña; pasárono polas armas na Polvoreira de Durmideiras con outras tres persoas.
Soterrárono o día 23 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Faustino Fernández Viejo, Joaquín García Torres e Julio González Vega.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.