← Volver atrás

Magariños Duro, Ramón-Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Valga
(Pontevedra)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xastre, 36 anos. Solteiro. Veciño de Marín (Pontevedra).

Dirixente da Agrupación Socialista (AS) de Marín.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Enxuizado con Andrés Rey Rey.

Ingresárono os golpistas na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

O día 01/09/1937 ábreselle un novo procedemento por un delito que ocorre nas dependencias carcerarias, na causa 174/37, co resultado de seis anos de cadea correccional.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña nun consello de guerra, en marzo de 1949, polo delito de “auxilio a malhechores” na causa 296/48. Neste proceso había outros 45 enxuizados.

O tribunal militar, neste caso, condenou a cadea perpetua a Julio Bazarra Constenla e a un ano de cadea a Francisco-Manuel Blanco Barreira.

Para ver ás persoas encausadas neste procemento dirixirse á ficha de Jaime Agra Blanco.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultado en 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha