← Volver atrás

Manso Rodríguez, Jesús

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

lugar descoñecido
- 25/06/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alto dos Leóns
(Madrid)
- 31/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 47 anos. Casado en Lugo. Compañeiro de promoción de Francisco Franco Bahamonde na Academia de Infantería de Toledo. Comandante de Infantería no ano 1929.

Participou na represión dos mineiros asturianos despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Golpista.

Destinado nas datas do alzamento como comandante maior no Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30, en Lugo, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica, coordinou os primeiros movementos dos sublevados na cidade das murallas, sendo o primeiro responsable de que a capital luguesa caera en mans dos rebeldes.

De seguido marchou ao mando dunha columna desde Lugo e cara a fronte de Madrid. O día 21 de xullo chega a Villafranca del Bierzo (León), onde somete á poboación a unha dura represión. “Pacificada” a zona continuou a viaxe cara Madrid, pasando por Ponferrada (León), onde si atopou a resistencia dos leais, que foi quen de rematar e vingar cunha dura represión.

Segundo certas testemuñas deixou as cunetas cheas de republicanos represaliados e considérano “un psicópata e un criminal sin ninguna empatía por los ciudadanos inocentes de este pueblo”.

Morreu aos dez días en acción de guerra no Alto dos Leóns, na fronte madrileña de Guadarrama.

Soterrárono en Lugo o día 2 de agosto seguinte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha