Nacemento:
Morte:
Labrego, 63 anos. Veciño de San Miguel de Rosende, Sober. Pai de Antonio-María Mantilla González, encarcerado, Domingo Mantilla González, encarcerado e morto na cadea, e de Manuel Mantilla González, encarcerado.
Concelleiro de Sober en 1936 por Esquerda Republicana (ER) dentro da coalición da Fronte Popular (FP).
Fuxido. Paseado.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 403/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
A sentenza foi de sobresemento provisorio para Manuel Mantilla González e declarou fuxidos a: Antonio Gallego Teimoy, José-Benito Mantilla González, Antonio Pérez González e Manuel Rivas Piñeiro. Descoñécese o sentido do auto de Ramón Martínez Arias.
Segundo a memoria popular torturárono antes de asasinalo e arrincáronlle as unllas.
Morte rexistrada en Monforte de Lemos por mor dunha parálise bulbar.
O seu cadáver apareceu no quilómetro 4 da estrada de Escairón ás primeiras horas da mañá.
Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1942.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.