Nacemento:
Morte:
Tiña 54 anos. Veciño de Salvaterra de Miño (Pontevedra).
No ano 1913 participou na creación da Sociedade Labrega de Fiolledo, Oleiros e Salvaterra. Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja elixírono 1º tenente de alcalde da súa localidade o día 24/03/1924.
Alcalde de Salvaterra de Miño durante a II República, de 1931 a 1934, ano no que as dereitas destituíron a corporación. Recuperou o seu cargo despois das eleccións de febreiro de 1936, que gañou a Fronte Popular (FP), nas listaxes de Esquerda Republicana (ER). José Domínguez González foi o seu secretario particular e fusilárono os facciosos.
Artífice en xaneiro de 1933 da integración na UXT das sete sociedades agrarias da comarca.
Fuxido.
Cando se produce o golpe militar tentou que non houbese enfrontamentos na súa localidade e procurou calmar as masas. Despois escondeuse en San Salvador de Leirado, Salvaterra de Miño. Logrou pasar a Portugal o 05/08/1936 e prendérono en Monçao, Viana do Castelo (Portugal), dando cos seus osos nun penal de Lisboa.
Grazas á intervención do embaixador español puido acadar a zona republicana no buque Nyassa; chegou a Tarragona o día 10/10/1936 e loitou cos leais no V Rexemento de Infantería Almansa.
No ano 1939 atópase en Barcelona, onde recibe axuda desde Bos Aires (República Arxentina) para poder sobrevivir. Nese mesmo ano pasou a Francia e, logo, á República Arxentina.
Despois do indulto franquista para os que non tiveran delitos de sangue volveu a Fiolledo, no ano 1947, cando contaba 65 anos, e adicouse na súa terra natal ao traballo no campo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.