← Volver atrás

Martínez Barja, Casiano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santa María Madanela de Cádavos, A Mezquita
(Ourense)
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 17/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carabineiro e político, 39 anos. Veciño de Cádavos. Membro do Corpo de Carabineiros.

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 122/36.

O tribunal condenou neste xuízo á pena de morte a: José-Ramón Barja García, Francisco Domínguez, Juan González de Jesús e Antolín Martínez Basalo; pena de cadea perpetua para: José Movilla Lorenzo e José Pidal Domínguez; autos de sobresemento para: Manuel Arias González, Celso Barja e Hilario Domínguez (por morte anterior); declararon fuxidos a: José Barja Villarino, Eduardo García Rodríguez e Felicísimo Pérez Ortega; descoñécese a sentenza de Joaquín Salgado López.

O tribunal inhibiuse en favor da xurisdición militar de Ferrol no caso dos carabineiros: Victoriano Alonso González, Jesús Asenjo García, Federico Ayala Victoria, Pablo de Blas Zayas, Bienvenido Carnero Puello, Secundino Díez Sanfrutos, Juan Doval Gallego, Manuel Fadón Tejedor, Manuel Fernández Curto, José Galán Jiménez, Ladislao Gómez Horcajuelo, Esteban Gómez Santos, Bernardino Guerra Fuentes, Tomás Mallo Polo, Juan Meilán Castro, Carlos de Oña Rodríguez, Ángel Pérez Fernández, Ángel Redondo Rivero, José del Río González, Ramón del Río González, Manuel Rivela Martínez, Isidro Sánchez Garrido e Ángel Vega Gutiérrez; fixo o mesmo no caso do militar Casiano Martínez Barja.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 743/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Jesús Asenjo García, Federico Ayala Victoria, José Galán Jiménez, Esteban Gómez Santos, Casiano Martínez Barja, Tomás Mallo Polo, Juan Meilán Castro e Isidro Sánchez Garrido; penas de cadea perpetua para: Pablo de Blas Zayas, Bienvenido Carnero Puello, Juan Doval Gallego, Manuel Fadón Tejedor, Ladislao Gómez Horcajuelo, Ángel Pérez Fernández, Ángel Redondo Rivero, José del Río González, Ramón del Río González, Manuel Rivela Martínez e Ángel Vega Gutiérrez; castigaron á pena de 12 anos a: Victoriano Alonso González, Carlos de Oña Rodríguez, Secundino Díez Sanfrutos e Manuel Fernández Curto.

O día 17 de abril fusilaron no Castelo de San Felipe, en Ferrol, a: Jesús Asenjo García, carabineiro. Federico Ayala Victoria, comandante de carabineiros; José Galán Jiménez, carabineiro; Esteban Gómez Santos, sarxento de carabineiros; Tomás Mallo Polo, carabineiro; Casiano Martínez Barja, carabineiro; Juan Meilán Castro, sarxento de carabineiros; Miguel Pena Ares, barreneiro; Celestino Rodríguez Galdós, comerciante, e Isidro Sánchez Garrido, carabineiro.

Soterrárono en San Salvador de Serantes, Ferrol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.