← Volver atrás

Movilla Lorenzo, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

O Irixo
(Ourense)
- 12/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 22/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferreiro, 21 anos. Solteiro. Veciño da Gudiña (Ourense).

Encarcerado. Morte na cadea.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 25/09/1936 polo delito de adhesión á rebelión, na causa 122/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O tribunal condenou neste xuízo á pena de morte a: José-Ramón Barja García, Francisco Domínguez, Juan González de Jesús e Antolín Martínez Basalo; pena de cadea perpetua para: José Movilla Lorenzo e José Pidal Domínguez; autos de sobresemento para: Manuel Arias González, Celso Barja e Hilario Domínguez (por morte anterior); declararon fuxidos a: José Barja Villarino, Eduardo García Rodríguez e Felicísimo Pérez Ortega; descoñécese a sentenza de Joaquín Salgado López.

O tribunal inhibiuse en favor da xurisdición militar de Ferrol no caso dos carabineiros: Victoriano Alonso González, Jesús Asenjo García, Federico Ayala Victoria, Pablo de Blas Zayas, Bienvenido Carnero Puello, Secundino Díez Sanfrutos, Juan Doval Gallego, Manuel Fadón Tejedor, Manuel Fernández Curto, José Galán Jiménez, Ladislao Gómez Horcajuelo, Esteban Gómez Santos, Bernardino Guerra Fuentes, Tomás Mallo Polo, Juan Meilán Castro, Carlos de Oña Rodríguez, Ángel Pérez Fernández, Ángel Redondo Rivero, José del Río González, Ramón del Río González, Manuel Rivela Martínez, Isidro Sánchez Garrido e Ángel Vega Gutiérrez; fixo o mesmo no caso do militar Casiano Martínez Barja.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal o día 14/07/1937, onde se rexistra a súa morte no desenvolvemento do intento de fuga masiva desta prisión.

Procesárono por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha