← Volver atrás

Martínez Cartamil, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Muxía
(A Coruña)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mecánico naval, 26 anos. Solteiro. Veciño de Fisterra (A Coruña). Amigo de Fernando González López, irmán do deputado republicano pola Coruña Emilio González López.

Militante de Esquerda Republicana (ER).

Fuxido. Exiliado.

Cando se produce o golpe militar e despois de que os sublevados asasinaran a varios amigos e coñecidos preparou a súa fuxida. Na Coruña, na compañía dun diplomático mallorquín, fixéronse cunha parella de pesca e acadaron o porto de Brest, Bretaña (Francia).

Do país galo pasou á zona republicana de Valencia e, co tempo, a Barcelona, onde traballou na flotilla de vixilancia de Cataluña.

Ao remate da guerra pasou a Francia e internárono no campo de Argelès-sur-Mer.

Exiliouse en México, país ao que chegou no Ipanema co seu irmán José.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha