← Volver atrás

Martínez Pomar, Maximino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Escravitude, Santa María de Cruces, Padrón
(A Coruña)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 22/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, 26 anos. Veciño de Estramundi, Santiago de Padrón, Padrón. Telegrafista da Compañía Nacional de Ferrocarriles del Oeste en Santiago de Compostela.

Militante da Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela e membro do Sindicato Nacional Ferroviario, da UXT.

Por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 rematou na cadea.

Executado.

Prendérono os rebeldes baixo a acusación de tentar resistir a sublevación militar coa sabotaxe da saída de trens na estación de Santiago de Compostela.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 17/09/1936 polo delito de rebelión, na causa 797/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O auto deste xuízo condenou á pena de morte a: Maximino Martínez Pomar, Marcelino Pasín Noya e Manuel Tarrío Requejo; pena de 12 anos para: Maximino Barreiro Míguez e Heliodoro Toubes Santos.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h nas inmediacións do cemiterio de Boisaca.

Os asasinados polos franquistas nese lugar e data foron: Manuel Boo López, Segundo González Davila, Maximino Martínez Pomar, José-Ramón Oubiña González, Marcelino Pasín Noya e Manuel Tarrío Requejo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha