Nacemento:
Morte:
Ferroviario e sindicalista, 35 anos. Veciño de Santiago de Compostela. Fillo de José Pasín Romero, procesado e sancionado, e de Luisa Noya Martínez. Eran oito irmáns. Ao seu irmán Modesto Pasín Noya fusilárono. A Palmiro Pasín Noya encarcerárono e procesárono e a Luis Pasín Noya tamén o encarceraron. A Florentino Pasín Noya mobilizárono forzosamente os rebeldes.
Membro e dirixente do Sindicato Nacional Ferroviario da UXT e afiliado da Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela.
Executado.
Era xefe da Estación de Santiago de Compostela en 1936. Ao producirse o golpe militar ordenou o bloqueo da estación compostelá, impedindo a saída de trens.
Detido e encarcerado polos rebeldes o 28/08/1936.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Santiago de Compostela o día 17/09/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 797/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
O auto deste xuízo condenou á pena de morte a: Maximino Martínez Pomar, Marcelino Pasín Noya e Manuel Tarrío Requejo; pena de 12 anos para: Maximino Barreiro Míguez e Heliodoro Toubes Santos.
Fusilárono os golpistas ás 06:00 h nas inmediacións do cemiterio de Boisaca.
Os asasinados polos franquistas nese lugar e data foron: Manuel Boo López, Segundo González Davila, Maximino Martínez Pomar, José-Ramón Oubiña González, Marcelino Pasín Noya e Manuel Tarrío Requejo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.