Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 44 anos. Casado con Florentina Fernández Alonso, a Cataplina, torturada e asasinada o mesmo día que o seu home; tamén torturaron ao seu fillo Tomás, de 17 anos e ao que deixaron orfo xunto con outros cinco irmáns. Veciños de Louredo. Estivo emigrado dous anos nos Estados Unidos. Conserxe de Telégrafos.
Militante do PCE.
Fuxido. Executado.
Despois do alzamento sedicioso foxe ao monte e someteuno a cacería a Garda Cívica pontevedresa, cívicos que dirixía Víctor Lis Quibén.
O xuíz militar de Vigo (Pontevedra) emitiu un requirimento contra el e outras persoas.
Morto na súa propia casa, onde se agochaba nun tobo. Os cívicos e a Garda Civil, que o buscaban, prendéronlle lume ao seu domicilio sen saber que el se atopaba dentro (eso manifestaron nun informe), acubillado nun zulo.
Soterrárono con outras persoas nunha fosa común en San Martiño de Tameiga, Mos (Pontevedra).
A cacería que se seguiu contra el e contra Manuel González Fresco, o Fresco, rematou coas súas vidas e coas doutras 20 persoas en Ponteareas, O Porriño e concellos limítrofes.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.