← Volver atrás

Mazaeda Novais, Rogelio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Barrio do Outeiro, San Pedro da Ponte do Porto, Camariñas
(A Coruña)
- 31/07/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cuba

Biografía

Chofer, sindicalista e político, 28 anos. Solteiro. Veciño de Ponte do Porto. Os seus pais rexentaban unha fonda e pousada; ademais adicábanse ao transporte de mercadorías en carruaxe. Estudou no Seminario Menor de Santiago de Compostela (A Coruña).

Persoa de ideais comunistas e partidario do comunismo libertario. Presidente do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, vencellado á UXT. Mantiña contactos habituais co deputado José Miñones Bernárdez, asasinado polos golpistas. Presidente da candidatura da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 en Camariñas.

Fuxido. Exiliado.

A raíz do golpe liderou aos sindicalistas de Ponte do Porto para tentar frear o golpe, formando o Comité de Defensa da República e ordenou a requisa de coches, aparellos de radio e armas, que quedaron ao seu cargo. Acudiu aos actos republicanos de Vimianzo, con case que cen persoas, e era partidario de acudir na defensa republicana da Coruña. Na noite do día 24 de xullo cada un dos membros do Comité de Defensa decide tomar o seu propio camiño, monte, evasión...

Perseguido polos rebeldes, que o acusaron de ser “verdadero cabecilla de los sucesos revolucionarios”, conseguiu permanecer agochado en varias vivendas da Ponte do Porto, principalmente na cheminea dunha delas, e na clandestinidade en Santiago de Compostela (A Coruña), así durante 14 anos.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Ábrenlle expediente de responsabilidades políticas en xullo de 1940 co resultado de dez anos de inhabilitación absoluta, oito anos e un día de desterro a máis de 200 quilómetros de Camariñas e ao pago dunha multa se 500 pesetas.

Logrou fuxir a Portugal vestido de muller, embarcou para Chile e finalmente recalou en Cuba, país no que vivía unha irmá e a onde chegou nunha avioneta Superconstellation, participou na revolución e morreu.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha