Nacemento:
Morte:
Mestra de piano e política, 36 anos. Casada con Humberto Solleiro Rivera, empregado de Tranvías Eléctricos de Vigo e militante da UXT, executado; tiveron dous fillos e dúas fillas: Humberto, Raúl, Alicia e Conchita. Veciños da rúa Manuel Llaneza, 7, en Santa Cristina de Lavadores, Vigo. Filla do pensador anarquista Ricardo-José-Clemente Mella Cea (+1925) e de Esperanza Serrano (Madrid). Urania era pacifista e antifascista. Mestra de piano, estudou Belas Artes na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Ensinou a escribir a moitas mulleres analfabetas do seu barrio na Casa do Pobo de Lavadores.
Presidenta da sección viguesa da Agrupación de Mulleres contra a Guerra e o Fascio. Precursora do asociacionismo feminino. Membro de Socorro Rojo Internacional (SRI). Simpatizante do PSOE.
Encarcerada.
Cando se produce o golpe militar participou co seu home na defensa do seu barrio fronte aos sublevados.
Despois da caída diante dos fascistas a parella foxe a Redondela (Pontevedra) onde os detiveron. A Humberto executárono o día 30/10/1936.
Xulgada en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada en outubro de 1936 pola de cadea perpetua e despois pola de 12 anos de cadea.
Xa viúva obrigárona a deixar os seus catro fillos en Vigo, encarcerárona en Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa) durante nove anos.
Liberárona no ano 1943, pouco antes de morrer por mor dun tumor cerebral. Os seus últimos meses viviunos en Lugo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.