← Volver atrás

Solleiro Rivera, Humberto

Alcume: o Chapapote
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 30/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado e sindicalista, 40 anos. Casado con Urania Mella Serrano; tiveron dous fillos e dúas fillas: Humberto, Raúl, Alicia e Conchita. Veciños da rúa Manuel Llaneza, 7, en Santa Cristina de Lavadores, Vigo. Empregado da Compañía de Tranvías Eléctricos de Vigo da que o seu sogro era o director.

Militante do PCE e do Consello Sindical Ferroviario da UXT de Vigo. Presidente do Sociedade Cultural e Deportiva de Lavadores, que se adicaba á defensa do deporte xuvenil, e dirixente local da Asociación de Amigos da Unión Soviética.

Executado.

Humberto e a súa dona participaron, no Calvario, na preparación da defensa de Lavadores fronte aos golpistas despois da declaración do estado de guerra. Logo da caída da cidade nas mans rebeldes foxen e detéñenos en Redondela (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas en Vigo ás 16:00 h.

Morte rexistrada en Vigo por mor dunha profusa hemorraxia interna.

Nesa data e lugar pasearon a: Francisco González Martínez, labrego; Gabino González Martínez, serrador; Miguel Gómez Pardo, xastre, e Humberto Solleiro Rivera, empregado.

Á súa dona tamén a condenaron á pena de morte, que lle conmutaron pola de cadea perpetua. Os fillos quedaron ao cuidado da familia do pai, que eran partidarios da sublevación.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha