Nacemento:
Morte:
Albanel, sindicalista e político, 29 anos. Compañeiro de Esperanza Hermida, coa que casa in artículo mortis. Veciños de Santa María de Vilaza, Gondomar (Pontevedra). Obreiro da construción.
Durante a II República, no ano 1936, presidiu o Sindicato da Construción en Gondomar.
Executado.
Cando se produce o golpe dos militares sublevados participou na resistencia en Gondomar, que defendía á República. Acusárono de ser o xefe desta defensa e prendérono os rebeldes como “cabeza de turco”.
Entre outras cousas tamén o acusaron de vivir amancebado con Esperanza.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) o día 16/10/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 805/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Proceso contra varios veciños de Gondomar.
O auto resolutorio condenou á pena de morte a Joaquín Míguez Ledo; condenaron a cadea perpetua a: Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias e Feliciano Vargas; pena de nove anos para José Vargas Lorenzo. Ditouse auto de absolución para: Rogelio Lorenzo González, José Pequeño Rodríguez e José Cribeiro González, e de sobresemento provisorio para Manuel Domínguez Sanromán.
Fusilárono os franquistas ás 16:00 h nas tapias do cemiterio de Pereiró, en Vigo.
Morte rexistrada en Vigo por mor dunha profusa hemorraxia interna.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.