← Volver atrás

Vargas Lorenzo, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Gondomar
(Pontevedra)
- 01/01/1874 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego e político, 62 anos. Veciño de San Miguel de Peitieiros, Gondomar.

Militante do Partido Radical. Dirixente agrarista e secretario da Sociedade Labrega de Peitieiros. Concelleiro de Gondomar.

Encarcerado.

Despois do golpe militar detivérono os franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) o día 16/10/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 805/36, co resultado de sentenza a nove anos de prisión. Proceso contra varios veciños de Gondomar.

O auto resolutorio condenou á pena de morte a Joaquín Míguez Ledo; condenaron a cadea perpetua a: Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias e Feliciano Vargas; pena de nove anos para José Vargas Lorenzo. Ditouse auto de absolución para: Rogelio Lorenzo González, José Pequeño Rodríguez e José Cribeiro González, e de sobresemento provisorio para Manuel Domínguez Sanromán.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Vigo na causa 816/36 polo delito de excitación rebelión.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Interno no Destacamento de Rexións Devastadas de Potes (Cantabria), puxérono en liberdade condicional provisoria o día 05/12/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha