Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 46 anos. Compañeiro de Silvina Ruibal Fraga, coa que casou en 1924; tiveron un fillo: Carlos. Veciños da Coruña. Estudou Peritaxe Mercantil na Escola Superior de Comercio da Coruña. Estivo emigrado en Chile, de onde volveu no ano 1917. Interventor de habilitación nacional da Administración Local, exercendo desde 1932 como administrador de libros na Deputación da Coruña.
Fundador e secretario no ano 1922, vogal e tesoureiro das Irmandades da Fala da Coruña e vogal da Asociación de Pais de Familia para a defensa da ensinanza laica. Dirixente do Círco de Artesáns. Membro do Seminario de Estudos Sociais Germinal.
En maio de 1932 participou na fundación do semanario republicano Adelante.
Militou no Partido Republicano Galego (PRG) e na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), deixando a política por desacordos con Santiago Casares Quiroga por mor da xestión da autonomía e do que fora secretario particular.
Co paso do tempo militou en Esquerda Republicana (ER).
Exiliado. Morte en combate.
Despois do levantamento rebelde ocultouse en Sobrado dos Monxes (A Coruña).
Detivérono os franquistas, encarcerárono e condenárono á pena de morte; conseguiu a conmutación da pena.
Consegue fuxir coa súa dona cara Lisboa (Portugal), de onde marchou a Chile para reunirse cos seus irmáns.
Volveu para España a mediados de 1937 para loitar no exército republicano, foi comisario político na Fronte de Aragón.
Finou nun bombardeo da aviación fascista na localidade de Fraga, a finais do ano 1938.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.